Servizos ANAINA
Aprendizaxe Baseada no Xogo
O noso traballo consiste na Detección, Valoración e Intervención sobre as dificultades ou alteracións no desenvolvemento da persoa, abarcando todas as súas dimensións: cognitiva, sensoriomotriz, comunicativa, condutual e emocional.
Terapia Ocupacional
Estimulación temperá
A atención temperá é o conxunto de accións destinadas a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos ou risco de padecelos.
Integración sensorial
Este servizo axuda a persoas, principalmente nenos, con dificultades para procesar e organizar a información sensorial do seu entorno e corpo.
Estimulación sensorial
Destinado a persoas con dificultades no procesamento sensorial, como nenos con trastornos do desenvolvemento, persoas con discapacidades…
Fisioterapia
Especialistas en fisioterapia pediátrica de nenos desde o seu nacemento ata a adolescencia.
Logopedia
Avaliación, prevención e tratamento das alteracións da deglutición, comunicación, fala e linguaxe oral e escrito.
Neuro Logopedia
Prevención, avaliación, tratamento e estudo científico dos trastornos da comunicación e da alimentación.
Pedagoxía
Mellora de procesos cognitivos relacionados coa educación, o desenvolvemento social, emocional, persoal e educativo.
Estimulación musical
Un enfoque terapéutico e educativo que utiliza a música para fomentar o desenvolvemento cognitivo, físico, emocional e social.
Psicoloxía sanitaria
Traballamos dende o acompañamento ao neno/a, adolescente e familia, abordando tódolos procesos de forma integral.
Neuro Psicoloxía
Levamos a cabo diferentes tipos de intervención, co obxectivo de cubrir tódalas necesidades posibles
Valoracións e impresións diagnósticas
Elaboramos informes de intervención para os distintos axentes que interveñen coas persoas ás que prestamos apoio.
Peritaxe pedagóxica
Aportar información ou opinións fundamentadas no campo educativo que pode ser requirido por xuíces, profesionais da avogacía.