Terapia ocupacional
A Terapia ocupacional é unha profesión socio-sanitaria que pretende dotar a cada persoa, en calquera das súas etapas vitais, da maior autonomía e calidade de vida posible.
Aprendizaxe basada no xogo
Na infancia a ocupación principal é o xogo e partindo desa premisa traballamos para mellorar o desenvolvemento nas diferentes áreas de ocupación (actividades da vida diaria básicas e intrumentais, educación, traballo, ocio e participación social)
Comezamos a intervir no primeiro momento, no que aparecen dificultades na adquisición ou na participación en actividades como xogar, explorar, establecer as primeiras relacións sociais, adquirir as habilidades para a vida diaria como alimentarse, a hixiene, o vestido-desvestido, ben sexa por dificultades motoras, sensoriais, cognitivas e/ou psicosociais que poden interferir no seu desenvolvemento.
Dende terapia ocupacional intervimos sobre
- Integración sensorial
- Estimulación sensorial
- Trastornos psicomotores, do equilibrio e a coordinación
- Actividades Básicas da Vida Diaria (alimentarse, limpiarse, vestirse, espirse, ír á compra, ocupación de lecer).
- Dificultades na escritura.
- Alimentación