Integración sensorial

O servizo de integración sensorial axuda a persoas, principalmente nenos, que teñen dificultades para procesar e organizar a información sensorial do seu entorno e corpo. Estas dificultades afectan o desenvolvemento, aprendizaxe, conduta e vida diaria.

integracion sensorial anaina 1

O proceso terapéutico

 O servizo de integración sensorial realízase a través de Terapia ocupacional, na cal un terapeuta especializado avalía e trata as dificultades sensoriais.

O proceso terapéutico inclúe: 

  • Avaliación inicial: Identifican as áreas problemáticas a través de probas estandarizadas e a observación directa en diferentes actividades.
  • Intervención personalizada: Creación dun plan terapéutico individualizado.
  • Obxectivos: Mellorar a modulación sensorial, regulación emocional, desenvolvemento das ocupacións diarias (vestido, alimentación, hixiene, aprendizaxes académicos…), concentración e habilidades sociais. 

Beneficios da integración sensorial

Este tipo de intervención é particularmente beneficioso para nenos con diagnósticos como trastornos do espectro autista (TEA), trastornos de procesamiento sensorial, TDAH, entre outros.

Ao mellorar a integración sensorial, os nenos poden experimentar unha maior autonomía en aspectos como a aprendizaxe, o xogo e as relacións interpersoais, para acadar unha mellor calidade de vida.

En resumo, o servizo de integración sensorial busca proporcionar unha intervención terapéutica que permita aos individuos adaptarse mellor á súa contorna, mellorando a súa capacidade de procesar e responder adecuadamente aos estímulos sensoriais.

integracion sensorial anaina
Ir o contido