Fisioterapia pediátrica
A fisioterapia pediátrica é unha rama da fisioterapia que se especializa na avaliación, tratamento e seguimento de nenos desde o seu nacemento ata a adolescencia. O seu obxectivo principal é promover o desenvolvemento motor e funcional adecuado, previr complicacións físicas e mellorar a calidade de vida dos nenos con problemas de movemento ou con discapacidades físicas.
¿Qué abarca a fisioterapia pediátrica ?
A fisioterapia pediátrica pode abordar unha ampla gama de condicións, que inclúen:
- Trastornos do desenvolvemento: como atrasos no desenvolvemento motor, problemas de coordinación ou equilibrio.
- Condicións neurolóxicas: como parálise cerebral, espina bífida, distrofias musculares ou lesións medulares.
- Trastornos musculoesqueléticos: como escoliose, pé zambo ou displasias de cadeira.
- Condicións respiratorias: como fibrosis quística, bronquiolite ou pneumonías recorrentes.
- Trastornos xenéticos: como a síndrome de Down.
Tratamentos para mellorar o benestar
O fisioterapeuta pediátrico traballa en colaboración cos pais e outros profesionais da saúde para deseñar tratamentos que fomenten a mobilidade, a independencia e o benestar do neno, utilizando técnicas de terapia manual, exercicios físicos, xogos terapéuticos e equipos de asistencia.