Neuro Logopedia
A actividade profesional da logopeda vai dirixida á prevención, avaliación, tratamento e estudo científico dos trastornos da comunicación e da alimentación.
Logopedia neurolóxica
As persoas con lesións cerebrais que presenta alteracións na comunicación, poden comprometer tanto os procesos de comprensión como os de expresión nas súas diferentes modalidades (voz, fala, linguaxe, lectoescritura) Así mesmo, poden verse afectadas as funcións orais non verbais (deglución, succión, masticación) minguando a calidade de vida persoal e social do paciente.
A logopeda proporciona á persoa e á súa contorna estratexias e habilidades para a vida cotiá, no seu fogar, traballo ou ámbito escolar. Cando a recuperación da función non é posible, o obxectivo será mellorala ou mantela o máximo posible.
Dende a Logopedia neurolóxica intervimos sobre
- Lesións cerebrais causadas por ACV ou traumatismos (disartria, apraxia, disfaxia, afasia).
- Enfermidades dexenerativas (demencia, párkinson, alzheimer, esclerose múltiple).
- Trastorno do espectro autista.
- Alteracións secundarias a trastornos xenéticos