Valoracións e impresións diagnósticas
En Anaina elaboramos informes de intervención para os distintos axentes que interveñen coas persoas ás que prestamos apoio: familia, centro educativo e diferentes servizos públicos e privados da rede de saúde e Servizos Sociais.
Avaliacións personalizadas
Realizamos valoracións para identificar as dificultades concretas de cada persoa a través da observación directa, entrevistas e probas estandarizadas, elaboramos o seu perfil de rendemento e establecemos un programa de intervención individualizado.
Dende o servizo de valoracións avaliamos:
- Dificultades de aprendizaxe (DEAs): ): disgrafía, disortografía, dificultades na comprensión lectora, dificultades na competencia matemática.
- Trastornos do neurodesenvolvemento: TDAH, TDL, discalculia, dislexia, discapacidade intelectual.
- Altas Capacidades.
- Rendemento intelectual.
- Trastornos de conducta.